CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba 455 millóns para pemes e axudas contra a violencia de xénero

Publicado o 12/04/2019 19:45

O Goberno aproba un plan de axudas a pequenas e medianas empresas. Estará dotado con 455 millóns de euros, a maioría para mellorar a súa eficiencia enerxética. Tamén se acordou a repartición entre as comunidades de 100 millóns de euros para combater a violencia machista.

As pequenas e medianas empresas españolas poderán solicitar axudas para aforrar no consumo de enerxía. Cara a ese fin van dous de cada tres euros dos 455 millóns aprobados polo Consello de Ministros. O resto son para financiar empresas tecnolóxicas e mozos emprendedores e para facilitar a busca de novos mercados.


Reyes Maroto, ministra de Industria, fala de "dous grandes obxectivos: incrementar a competitividade do noso tecido empresarial e acompañar e desenvolver un ecosistema empresarial que lle permita á nosa empresa medrar. Queremos traballar desde que a empresa se crea ata o seu crecemento e consolidación e na última etapa, a internacionalización"

Ademais, o Goberno repartiu entre as comunidades os 100 millóns de euros do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e outros 10 para plans persoalizados e outros programas de asistencia ás vitimas. A Galicia correspóndelle algo máis de 8 millóns.



 

Noticias web

12/04/2019