CRTVG

Buscar

O Consello de Administración de Barreras analiza as súas contas

Publicado o 07/08/2019 20:03

O consello de administración do estaleiro Barreras de Vigo reuniuse esta tarde para aprobar as contas de 2018.

Unha delegación da empresa mexicana Pemex, a accionista maioritaria de Barreras, viaxou ata Vigo para participar na xuntaza en que tamén se vai analizar a situación actual e o futuro inmediato do estaleiro.

Enriba da mesa está a paralización dos dous cruceiros que Barreras estaba construíndo para a empresa norueguesa Havila, e tamén a modificación do contrato dun cruceiro para a armadora The Ritz, que podería modificar a súa data de entrega.














 

Noticias web

07/08/2019