CRTVG

Buscar

A Xunta creará un novo centro de saúde en Bouzas

Publicado o 26/07/2019 15:52

En Galicia, as infraestruturas sanitarias centraron boa parte do Consello da Xunta. O Goberno galego aprobou acordos para avanzar na construción dun novo centro de saúde en Vigo e na ampliación do hospital de Pontevedra.

Na súa reunión semanal, o Goberno galego acaba de autorizar un crédito de 1,3 millóns de euros para construír un novo centro de saúde no barrio vigués de Bouzas. A Xunta prevé telo rematado a finais do ano que vén. Terá tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente, e dará servizo a dez mil persoas.

Avances tamén para a ampliación do hospital de Pontevedra, co visto e prace da Xunta ao plan sectorial. Este é un dos pasos previos para poder licitar as obras do Gran Montecelo. Segundo lembrou Feijóo, prevén empezar os traballos no 2020.

Noticias web

26/07/2019