O consello da Xunta aproba este xoves o Plan estratéxico do polo aeroespacial 2021-2026
Publicado o 18/05/2021 14:55
O Consello da Xunta aprobará este xoves o Plan estratéxico do polo aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos.
Así o anunciou o vicepresidente económico durante a visita que realizou aos dous primeiros hangares de investigación tecnolóxica en materia de vehículos aéreos non tripulados que as empresas Indra e Babcock puxeron en marcha no aeródromo de Rozas.
Conde destacou que o polo aeronáutico é un proxecto estratéxico para Galicia.