CRTVG

Buscar

En Marea adianta as súas eleccións internas e terá nova dirección en decembro

Publicado o 07/09/2018 22:03

 O Consello dás Mareas acordou este venres adiantar as súas eleccións internas e terá unha nova dirección no mes de decembro, despois de que un plenario, que terá lugar o 27 de outubro, aprobe o regulamento que rexerá este proceso.

A decisión foi alcanzada sen necesidade de votación nunha reunión á que acudiron, ademais dos membros da coordinadora e o portavoz, Luís Villares, membros críticos coa actual dirección como a integrante de Anova e da Marea Atlántica, Gladys Afonso, e o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Precisamente, á súa saída do encontro, Xosé Manuel Beiras, explicou que "hai problemas en En Marea" que son "unha realidade" e que "para abordalos fai falta un diálogo". "Unha cousa é o proceso do plenario, e outra é o diálogo que ten que haber entre En Marea e as mareas municipais", sinalou.

Na cita deste venres, ademais, o Consello dás Mareas realizou unha análise da situación política no conxunto do Estado tras o cambio do Goberno e avanzou na elaboración dun banco de ideas que sirva de base para a elaboración dos programas municipais.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2018