O Consello da Cultura Galega dá datos da importancia das bandas de música populares
Publicado o 01/07/2021 21:50
Entramos na intimidade do ensaio dunha sección da Banda Municipal da Estrada. Son 60, pero só toca ensaio das frautas e o oboe. Están a ensaiar por partes unha complexa obra dun autor estradense.
Máis autores galegos foron entrando no repertorio dende a transición. De cousas así falaron nunha xornada do Consello da Cultura Galega, que tamén acaba de presentar un informe sobre as bandas de música populares.
Nel constata a importancia das bandas como pezas senlleiras da nosa identidade, tanto no sociocultural coma no eido do ensino musical. E os datos impresionan.