CRTVG

Buscar

O consello cidadán estatal de Podemos decide o futuro de Pablo Echenique

Publicado o 08/06/2019 14:17

O Consello Cidadán Estatal de Podemos, máximo órgano de dirección entre asembleas, reúnese hoxe para analizar a hecatombe electoral das eleccións do 26-M. Antes reuníase a Mesa confederal de Unidas Podemos para abordar as negociacións co goberno, que van estar lideradas por Pablo Echenique. O secretario de Organización, que previsiblemente será cesado hoxe, di que a súa substitución foi consensuada coa dirección do partido. Será substituído polo deputado canario Alberto Rodríguez.

Todo isto ocorre en medio dun debate interno sobre a conveniencia de convocar unha asemblea que posibilite cambios na dirección do partido. Echenique di que o liderado de Iglesias non está en cuestión. Podemos Andalucía, unha das federacións máis críticas coa dirección, xa adiantou que non vai pedir un Vistalegre III, pero si un debate sobre o futuro do partido.

 

Noticias web

08/06/2019