CRTVG

Buscar

O Consello Asesor da Paisaxe orientará acerca das política sobre o territorio

Publicado o 11/12/2019 13:50

O Consello Asesor da Paisaxe de Galicia quedou constituído hoxe coa misión de informar todas as actuacións que afecten a paisaxe galega.

Na reunión constitutiva, a conselleira de Medio Ambiente anunciou que o Regulamento da Lei de protección da paisaxe de Galicia entrará probablemente en vigor no primeiro trimestre do vindeiro ano. En canto o consello asesor, está integrado por 38 representantes da Xunta, concellos, universidades, sindicatos e asociacións cidadás, e nace como ferramenta para protexer o patrimonio paisaxístico á que terán que consultar as administracións.

"Cada intervención que se faga na nosa paisaxe en Galicia de distinta índole antes ten que pasar e ten que escoitar as voces de Galicia, as da rúa, as de carácter cientifico, as propicias que estan traballando no territorio en si.

Ten que ser consultado e ademais debe informar en calquera intervencion que se faga de ordenacion do territorio, é dicir, un plan sectorial e un plan especial....", explicou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.

Noticias web

11/12/2019