CRTVG

Buscar

O conselleiro do Medio Rural salienta o seu compromiso co sector vitivinícola

Publicado o 25/02/2019 14:35

O conselleiro do Medio Rural visitou hoxe O Ribeiro, onde salientou o peso desta denominación de orixe dentro do viño galego pola súa historia e dinamismo económico.

José González destacou que o 40 por cento das solicitudes para as axudas á transformación do viño na provincia corresponden a esta denominación.

González reiterou o compromiso da Xunta co sector vitivinícola cunha achega de máis de sete millóns de euros no período 2019-2020.

Explicou, ademais, que a Xunta está a elaborar un plan estratéxico e de dinamización territorial para as 5 denominacións de orixe de viño de Galicia.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019