CRTVG

Buscar

O conselleiro de Sanidade planta a ministra na Interterritorial de Madrid

Publicado o 10/04/2019 08:13

• Comunícalle por carta que non irá por non atender as súas reivindicacións para Atención Primaria

O conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, decidiu non acudir a Madrid ante a negativa da ministra de Sanidade a darlle resposta as reinvindicacións de Galicia en materia de Atención Primaria.

O Plan estratéxico de Carcedo quere actualizar o cadro de médicos de familia ou garantir que as citas nos centros de saúde non superen as 48 horas.

Para o titular do Sergas, esta pretensión da ministra Carcedo é precipitada e insiste en que unha reforma da Atención Primaria debe contar con cambios normativos e coa memoria económica necesaria.

 

 

 

 

 

 

Noticias web

10/04/2019