CRTVG

Buscar

O conselleiro de Sanidade de Ceuta négase a dimitir tras recibir a vacina con outros altos cargos

Publicado o 21/01/2021 15:23
O conselleiro de Sanidade de Ceuta négase a dimitir tras recibir a vacina con outros altos cargos

Desgraciadamente, seguen transcendendo casos de persoas que aproveitan o seu cargo para vacinarse antes do que lles correspondería.

Seguen sumándose casos de alcaldes e concelleiros valencianos, cordobeses, cataláns, de todos os signos políticos, que sortean os protocolos para recibir a vacina. Tamén foi o caso do conselleiro de Sanidade de Ceuta e de nove altos cargos do seu departamento.

Javier Guerrero di que seguiu as normas, que el non quería vacinarse, pero que foron os técnicos os que llo pediron. Non pensa dimitir, tal e como pide a oposición.

Noticias web

21/01/2021