CRTVG

Buscar

O conselleiro de Sanidade comparece hoxe na comisión de investigación parlamentaria

Publicado o 11/01/2019 09:11

O conselleiro Jesús Vázquez Almuíña comparece hoxe na comisión de investigación parlamentaria sobre sanidade.

Almuíña informará sobre a situación no Servizo Galego de Saúde e tamén dará conta das negociacións que está mantendo a Xunta co sector para reformar o modelo de atención primaria. Estas sesións sobre a sanidade pública seguen celebrándose no Parlamento sen a participación dos grupos da oposición, despois de que o PP votara en contra dalgunhas das súas propostas de comparecentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019