CRTVG

Buscar

Medio Rural percorre a zona afectada polos incendios de Mondariz do domingo

Publicado o 11/10/2018 21:33

O conselleiro de Medio Rural percorreu esta tarde a zona afectada polos incendios que queimaron este domingo en Mondariz 159 hectáreas nas parroquias de Sabaxáns e Gargamala. José González quixo agradecer o traballo dos servizos de extinción neste incendio que, segundo as investigacións, foi intencionado.

A igrexa de Gargamala que acubillou aos evacuados nos incendios do pasado domingo en Mondariz foi o punto de partida da visita do Conselleiro de Medio Rural á zona. José González quixo agradecer o extraordinario traballo dos profesionais que participaron no operativo. A alerta chegou dende un punto de vixianza da consellería, e a actuación foi inmediata.

González subliñou a importancia da concienciación da cidadanía logo da vaga de lumes do ano pasado, tanto na limpeza das franxas de seguridade, como na achega de información sobre incendios e incendiarios á forzas de seguridade. Tamén se reforzaron as brigadas de investigación, que neste caso apuntan xa que foi un incedio intencionado.

Na extinción deste incendio nas parroquias de Sabaxáns e Gargamala participaron 363 persoas e foron mobilizadas 33 motobombas, 5 pas, 10 helicópteros e 2 avións

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018