CRTVG

Buscar

O conselleiro de Educación di que se manterá o ensino presencial en colexios e institutos

Publicado o 26/01/2021 15:17

O conselleiro de Educación asegura que nestes momentos non se contempla suspender a educación presencial en colexios e institutos. Alega que as medidas adoptadas para as universidades buscan reducir a mobilidade dos estudantes, pero que os centros seguen sendo lugares seguros.

Román Rodríguez asegura que "non se formulou nin se puxo sobre a mesa" a opción do ensino telemático para estes ciclos educativos, "outra cousa é tomar algunha medida, como se fixo, para reducir a mobilidade nas cidades con alumnos de réxime especial e universitarios", asegurou aos medios.

 

Noticias web

26/01/2021