CRTVG

Buscar

O conselleiro de Economía presenta os orzamentos de 2019 aos axentes sociais

Publicado o 11/10/2018 22:12

A próxima semana os presupostos de 2019 entran no Parlamento para a súa tramitación. O Goberno galego, que hoxe lle presentou as contas aos axentes sociais, calculan que se van crear 15.000 empregos. Unhas cifras que agradan aos empresarios. Pero os sindicatos din que deberían supoñer a recuperación dos niveis de antes da crise.

Os empresarios xa coñecen as liñas básicas dos presupostos de 2019. Explicoullas o conselleiro de Economía. Son 9850 millóns, 363 máis que este ano. Di Valeriano Martínez que son unha aposta polos investimentos e pola creación de máis emprego e de maior calidade. Calculan que a taxa de paro irá en descenso.

Satisfeitos os empresarios pero non os sindicatos aos que o Conselleiro de Economía tamén lles presentou os orzamentos . UXT, CiG e Comisións Obreiras cren que os presupostos do ano que vén deberían permitir a recuperación dos niveis previos á crise económica.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018