O conselleiro de Economía pídelle ao Ministerio que as prestacións cheguen canto antes ás familias afectadas
En Galicia tramitáronse 17 mil expedientes de regulación temporal de emprego nas últimas tres semanas, segundo a Xunta. O conselleiro de Economía pídelle ao Ministerio de Traballo celeridade e medidas extraordinarias para que as prestacións cheguen ás familias afectadas canto antes. Francisco Conde confirma que "témoslle trasladado ao goberno central a necesidade de que pague as prestacións a medidas de que as comunidades autónomas imos resolvendo eses expedientes de regulación de emprego. Normalmente as prestacións páganse o dez de cada mes e nós o que lle pedimos e que se flexibilice ese pago".
A crise sanitaria paralizou preto do corenta por cento do producto interior bruto do país. Para reactivar a economía, Francisco Conde considera que todos os esforzos deben focalizarse na creación de emprego, e nas medidas que faciliten ás empresas e os autónomos a contratación. Un camiño no que lle pide ao goberno central seguridade xurídica e planificacion. "Entre as últimas medidas que tomou o goberno está a de negar os fondos para a formación a Galicia, cen millóns que lle está confiscando e que non parece que se poida aplicar porque é competencia da comunidade e porque lle está negando a formación a 30 mil traballadores" asegurou a Televisión de Galicia .
Conde dixo que en Galicia un Comité de expertos avaliaría as medidas fiscais, laborais necesarias para anticipar a reactivación economica e comprometeuse a axilizar os pagos da administración aos seus provedores.