CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reúnese con dous gañadores de Galicia Open Future

Publicado o 31/05/2018 15:23
Recoñecemento a creación de novas empresas.


O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reuniuse hoxe cos dous primeiros gañadores da cuarta edición do Galicia Open Future. Trátase da empresa viguesa Deicom Technologies e de Conexiona, con sede en San Cibrao das Viñas. Este certame está dirixido a emprendedores e empresas emerxentes que teñen que propor solucións innovadoras a necesidades concretas de empresas ou institucións. Os premiados terán unha axuda de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto.