CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O conselleiro de Cultura visita Bos Aires

Publicado o 08/05/2017 21:47




O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou en Bos Aires o Instituto galego-arxentino Santiago Apóstol, onde asegurou que se están a formar grandes embaixadores de Galicia para o futuro.

O conselleiro de Cultura percorreu as instalacións do Instituto galego - arxentino Santiago Apóstol de Bos Aires, onde uns 600 rapaces, entre primaria e secundaria, se forman cada ano cun proxecto educativo bicultural.

"Estes mozos están chamados a ser os embaixadores de Galicia a medio prazo en Bos Aires e no conxunto da Arxentina. É un proxecto que temos unha débeda con él e é un proxecto que queremos potenciar porque entendemos que é a mellor embaixada cultura e educativa que temos no exterior".

Os alumnos do primeiro colexio galego da diáspora estaban inquedos por intercambiar unhas verbas en galego coas autoridades da Xunta de Galicia presentes.

Nesta visita o conselleiro puido participar tamén na reunión do Padroado da Fundación Galicia América que preside, xestora do Colexio Santiago Apóstol. Un encontro para garantir o bo funcionamento desta institución que pon foco en difundir a nosa lingua e a nosa cultura entre as novas xeracións de galego-arxentinos.

Seguidamente, Román Rodríguez participou na presentación das obras premiadas no concurso "Galicia entre nosotros" organizado pola Academia Arxentina de Letras, máximo ente literario do país.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/05/2017