CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O conselleiro de Cultura negocia na Arxentina o traslado temporal a Galicia dun cadro de Castelao

Publicado o 03/05/2018 21:46

Na Arxentina, o conselleiro de Cultura concretou hoxe algúns detalles para o traslado temporal a Galicia dun cadro emblemático do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Ademais visitou o Instituto galego-arxentino Santiago Apóstolo.


Na segunda xornada do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, aquí na Arxentina, mantivo un encontro coas autoridades do Centro Galicia de Bos Aires para ultimar os detalles sobre o traslado da obra de Castelao "A derradeira leición do mestre", que se exhibirá por primeira vez en Galicia no outono, na Cidade da Cultura.

O cadro viaxará en préstamo a Galicia no mes de setembro, onde será eixe da mostra "Castelao maxistral", comisariada por Miguel Anxo Seixas.

Segundo explicou Román Rodríguez, "neste momento estamos cos trámites administrativos de aduana e de desprazamentos en avión. Hai que ter en conta que é unha obra de arte que ten unhas prescripcións no que é o tratamento e a viaxe bastante restrictivas e expresas para que non se xenere ningún tipo de dano".

Un fito que para Rodríguez contribúe a que os galegos profundicen no coñecemento da súa historia a través de pezas artísticas fundamentais da nosa cultura, como xa ocorreu coa recente visita do Pergamiño Vindel.

Seguidamente, o conselleiro percorreu o Instituto arxentino-galego Santiago Apóstol, á que definiu como unha embaixada educativa da Galicia exterior e onde fixo entrega de novos equipamentos tecnolóxicos para a aula de informática.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/05/2018