CRTVG

Buscar

O Congreso valida o fondo de 11.000 millóns para empresas afectadas pola pandemia

Publicado o 25/03/2021 15:15

O fondo de 11.000 millóns para empresas e autónomos dos sectores máis afectados pola pandemia foi validado no Congreso, dos que 7.000 millóns irán para axudas directas. O plan está en vigor dende a súa publicación no BOE, pero tiña que validalo a cámara.

Saíu adiante cunha ampla abstención, de grupos como o PP, Ciudadanos ou o PNV, que reclaman melloras no texto, como que se amplíen os sectores beneficiados.Tamén defendeu cambios un dos socios de Goberno, Unidas Podemos, para aumentar o alcance das axudas.

O decreto tramitarase como proxecto de lei para poder incluír esas emendas.

Noticias web

25/03/2021