CRTVG

Buscar

O Congreso vai repetir a votación das medidas de reconstrución nun pleno extraordinario

Publicado o 29/07/2020 10:56

O Congreso ten convocado outro pleno extaordinario para repetir a votación das medidas de recuperación económica da Comisión de Reconstrución. Vólvese votar, pois anulouse o si dunha deputada de Podemos. Vai ser unha oportunidade para emedar erros e poderán votar un deputado do PP e outro de Vox que non participaran na votación do martes, ademais de dous deputados socialistas que non apoiaran o texto. Así que, se non hai sorpresas, as medidas sairán adiante con 171 votos a favor e 170 en contra.

Noticias web

29/07/2020