CRTVG

Buscar

O Congreso rexeita a reprobación de Marlaska polo cesamento de Pérez de dos Cobos

Publicado o 25/06/2020 16:25
O Congreso rexeita a reprobación de Marlaska polo cesamento de Pérez de dos Cobos

Os votos en contra de PSOE, PNV e Unidas Podemos, xunto coas abstencións de ERC, Bildu e Junts per Cat permitiron que o Congreso rexeitase este xoves a reprobación do ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, solicitada polo PP, polo cesamento do xefe da Comandancia da Garda Civil en Madrid Diego Pérez de los Cobos.

A iniciativa do PP, que foi votada este xoves, debateuse na sesión de onte, con ausencia do ministro, algo que foi criticado con dureza polos partidarios da súa reprobación ( Vox e Cs, ademais dos populares) e por algúns de quen non a apoiaron, como EH Bildu ou ERC, que se abstiveron. A moción rexeitouse por 167 votos en contra e 29 abstencións fronte aos 151 apoios.

Noticias web

25/06/2020