CRTVG

Buscar

O Congreso rexeita castigar con prisión a convocatoria de referendos ilegais

Publicado o 19/02/2019 20:27
O Congreso rexeita castigar con prisión a convocatoria de referendos ilegais

O Congreso botou abaixo esta tarde a proposta do PP de castigar con penas de entre tres e cinco anos de cárcere a convocatoria de referendos ilegais. Unha proposición de lei que só contou co apoio de Ciudadanos.

Os socialistas acusan os populares de confundir o castigo do delito coa solución do problema, e dende Podemos cren que o Partido Popular quere cárcere para todos. A voceira do PP defendeu a reforma do Código Penal para previr, dixo, os golpes contra a democracia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019