CRTVG

Buscar

O Congreso rexeita a investidura de Sánchez na primeira votación

Publicado o 05/01/2020 12:50

 

O Congreso rexeita a investidura de Sánchez na primeira votación

O Congreso dos Deputados rexeitou este domingo, tal e como estaba previsto, a investidura do candidato socialista, Pedro Sánchez, quen non obtivo a maioría absoluta necesaria para ser investido en primeira votación.

Sánchez obtivo 166 votos a favor, 165 en contra e 18 abstencións, por baixo dos 176 votos afirmativos que se requiren para que o Congreso o designe presidente do Goberno. O candidato do PSOE obtivo un voto menos dos previstos inicialmente debido á ausencia por enfermidade da deputada do grupo de Unidas Podemos, Aina Vidal. Fontes do seu partido afirmaron que á deputada non lle deu tempo a solicitar o voto telemático.

O artigo 171 da Constitución establece que se o candidato non obtén a maioría absoluta en primeira votación se proceda a unha nova pasadas 48 horas para a que xa só é necesaria maioría simple, é dicir, máis votos a favor que en contra para ser investido.

A presidenta do Congreso,  Meritxell  Batet, convocou unha nova sesión para o vindeiro martes 7 de xaneiro ás 12:00 horas, de forma que a votación se retomará arredor das 12:45.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí