CRTVG

Buscar

O Congreso pide a recuperación íntegra dos servizos ferroviarios a Galicia

Publicado o 27/09/2021 20:52
O Congreso pide a recuperación íntegra dos servizos ferroviarios a Galicia

O Congreso insta ao Goberno a recuperar integramente os servizos ferroviarios a Galicia. A proposición non de lei de Unidas Podemos saíu adiante cun amplo apoio na Comisión de Transportes.

Ningún grupo votou en contra. A proposición demanda ao Goberno que, unha vez superadas as restricións á mobilidade derivadas da pandemia, restaure, coa maior rapidez, os servizos ferroviarios que operan en Galicia de maneira habitual e tamén os que conectan Galicia con outras comunidades.

 

Noticias web

27/09/2021