CRTVG

Buscar

O Congreso pacta 200 medidas por 1.000 millóns contra a violencia machista

Publicado o 20/07/2017 16:51

A falta de pechar o documento social, os grupos da subcomisión do Congreso lograron un acordo para loitar contra este problema social

O Congreso pacta 200 medidas por 1.000 millóns contra a violencia machista

Os grupos da subcomisión do Congreso para alcanzar un pacto de Estado contra a violencia de xénero lograron hoxe un acordo sobre duascentas medidas cunha dotación orzamentaria de 1.000 millóns de euros en cinco anos para loitar contra este problema social, a falta de pechar o documento final.

Fontes parlamentarias precisaron que o próximo fin de semana terminaranse de redactar a parte introductoria do texto, o resumo das comparecencias de expertos que acudiron á subcomisión e a regulamentación.     

A subcomisión reunirase o vindeiro luns 24 de xullo para a lectura e aprobación do documento, tras revisar a redacción do concepto de violencia de xénero, o artigo un da lei integral, que é a "chave" do acordo.     

O venres 28 de xullo o texto someterase á aprobación da Comisión de Igualdade, onde os grupos parlamentarios poderán presentar os seus votos particulares con aquelas cuestións que quedaron fóra do acordo como a xestación subrogada.     

Os grupos da oposición cualificaron de "aceptable" a dotación orzamentaria do pacto, que supón "unha mellora substancial" con respecto aos 6 millóns da proposta inicial do PP, aínda que reclamaron un compromiso económico a máis longo prazo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2017