Os fisioterapeutas buscan solucións para un envellecemento activo
Comezou en Santiago o Congreso Nacional de Fisioterapia. Abordarán os novos retos para mellorar a calidade de vida das persoas maiores porque o aumento da esperanza de vida supón tamén que viviremos máis anos enfermos.
A maioría dos maiores de 65 anos padecen unha das 4 doenzas crónicas: hipertensión, colesterol, lumbalxia ou artrose. De feito, "chegar aos 70 sen ningunha enfermidade é para darlle a noraboa", di Fernando Ramos, o presidente da Asociación Nacional de Fisioterapeuta
Galicia ten a poboación máis envellecida de España. O 25% dos galegos superan os 65 anos. Chegar a vello xa non é un reto, senón manter na vellez unha boa calidade de vida. Para conseguilo, a dia de hoxe , non se inventou nada mellor que o exercicio físico
"Éstá considerada esa pílula que axuda a manter a autonomía, a funcionalidade, a independencia, e a previr a depresión", asegura Fernando Ramos.
Un envellecemento saudable pasa, sobre todo, pola prevención.E ahí xoga un papel fundamental da fisioterapia. Trátase de evitar esas circunstancias que afectan aos mais vellos como as caídas, que son, hoxendia, a principal causa de morte entre os maiores. Mais que os accidentes de tráfico. E para iso están as unidades de Fisioterapia, di Gustavo Paseiro, presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia
Máis de 600 profesionais poñen en común as novas tendencias para seguir dando vida aos anos.