CRTVG

Buscar

O Congreso mundial Educa 2019 reúne 800 profesores en Santiago

Publicado o 21/02/2019 15:20

Son profesores chegados de todo o mundo. Imparten diferentes asignaturas en todas as etapas educativas, desde infantil á universidade. E danse cita en Santiago para falar de innovación e experiencias didácticas coas que marcar a diferenza nas aulas.

Como traballar a intelixencia emocional dos nenos, como facer que brillen os alumnos, como evitar que se distraian coas novas tecnoloxías. 30 conferencias e 150 traballos que buscan mellorar a motivación dos profesores e o cambio cara a unha escola pensada cos nenos, e non para os nenos.

Ao remate do congreso, o sábado pola tarde, desvelarase quen é o mellor docente de España. Un estímulo para eses profesores que deixan máis pegada entre os alumnos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2019