CRTVG

Buscar

O Congreso Mundial de Educación en Compostela

Publicado o 23/02/2019 15:09

Estos 800 educadores e alumnos están tendo a oportunidade, no II Congreso Mundial da Educación, de poñer en común as súas experiencias didácticas e de chegar o luns aos seus postos de traballo con novas ideas e folgos. A representación galega, nos relatorios da mañán, propuxo como modelo educativo a seguir o islandés

Manuel Isorna Folgar, profesor da Universidade de Vigo conta que o modelo educativo de Islandia é un modelo de colaboración entre centro educativo e familia ademáis doutro tipo de familias ademáis doutro tipo de medidas a nivel social como o fomento de actividades sociais e educativas, lexislación moito máis dura cos que venden alcol e drogas a menores, e sobretodo é moi importyante o desenvolvemento comunitario.

Antonio Rial Boubeta, profesor da facultade de Psicoloxía da USC explica que dalgunha maneira no sistema educativo español estamos obsesionados por fomentar as aptitudes STEM( que é o acrónimo de Science Tecnology Engenery e Maths/ Ciencia Tecnloxía Enxeñería e Matemáticas). Sen embargo confesa que coñece poucos rapaces que acaben sendo enxeñeiros ou que acaben traballando en Houston ou na NASA. O que ten  preocupar aos pais  é que cada fillo medre san e medre feliz e medre coverténdose nunha boa persoa. E iso non se consegue promovendo aptitudes "STEM", senón promovendo a educación e valores e vida

O profesor Hernán Aldana centrouse en como sobrevivir na aula na era dixital. A receita é ben antiga, é a paixón

Hernán Aldana Marcos, doutor en Bioloxía da Universidade de Bos Aires explica que hai que contaxiar emocións. Cando o mestre ensina mostrando que o que lles da aos alumnos é fermoso contáxiaos. O movemento corporal fai que os alumnos imiten o movemento corporal. Ao profesor tenlle que gostar moito o que da.

Durante o Congreso entregaranse os Premios Educa Abanca ao mellor Docente de España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019