CRTVG

Buscar

O Congreso fará unha votación clave para o futuro dos orzamentos

Publicado o 19/10/2020 09:57

Mañá martes, o Congreso debe pronunciarse sobre a suspensión do obxectivo de déficit para este ano e o seguinte por mor da pandemia. É unha decisión clave para o executivo, pois dela depende o futuro dos orzamentos xerais do Estado.

O Goberno necesita conseguir o apoio da maioría da cámara. Non vai ter dificultades para obtela xa que neste momento tería compremetidos apoios dabondo para sacala adiante. O congreso acordará que se poidan superar os límites de déficit e o volume de débeda pública pola situación de emerxencia extraordinaria pola pandemia.

Isto é o que vai permitir o aumento do teito de gasto máis dun 50 % previsto polo executivo para os orzamentos xerais do Estado de 2021.

 

 

 

 

Noticias web

19/10/2020