CRTVG

Buscar

O Congreso dá luz verde á comisión de reconstrución por unanimidade

Publicado o 28/04/2020 19:46
O Congreso dá luz verde á comisión de reconstrución por unanimidade

O Congreso dos Deputados dálle luz verde á formación da comisión parlamentaria de reconstrucion social e económica tras a crise do coronavirus. Faino con unanimidade tanto na Mesa como na Xunta de Portavoces.

Durante as reunións dos dous órganos que tiveron lugar hoxe ningún dos grupos se manifestou en contra da nova comisión, segundo indican fontes parlamentarias. Con todo, e tal e como avanza a portavoz do PP, Cayetana Álvarez de Toledo, quedan aspectos por resolver, como a designación da Presidencia.

Os grupos teñen ata o xoves que vén para comunicar os que serán os seus representantes nunha comisión que terá 46 deputados.