CRTVG

Buscar

O Congreso aproba que os animais deixen de ser considerados cousas

Publicado o 05/10/2021 22:10

O Congreso aproba que os animais deixen de ser considerados cousas. A proposta conxunta do Partido Socialista e de Podemos contou co apoio de todos os grupos agás Vox e o PP, que votaron en contra. A aprobación desta lei modifica o réxime xurídico dos animais.

Na práctica supón que será a xustiza a que determine a custodia das mascotas en procesos de divorcio e en proceso de embargo ou desafiuzamento. Como deixan de ser considerados un ben, os animais non poderán ser embargados coma se fosen un coche.

 

Noticias web

05/10/2021