CRTVG

Buscar

O Congreso aproba os decretos dos 'venres sociais' de Sánchez

Publicado o 03/04/2019 19:41

A Deputación Permanente do Congreso asistiu a unha reedición da maioría da moción de censura para validar os decretos co subsidio a parados maiores de 52 anos, a reforma da lei de alugueiro e a do sector da estiba. Nas outras 3 votacións, sobre a ampliación do permiso de paternidade, a protección dos españois en caso de brexit sen acordo ou o permiso a concellos e autonomías para reinvestir o superávit, sumouse tamén Ciudadanos. Pese á vitoria, o Goberno tivo que escoitar uha crítica unánime polo uso electoralista da figura do deceto lei.

Irene Montero, voceira de Unidos Podemos: "A pesar de entendemos que o Partido Socialista está utilizando o Congreso e os reais decretos de forma electoralista e a pesar de que nos parecen descafeinados e que podían ser moitísimo máis ambiciosos, inclúen medidas que poden ser boas para a xente".

Dolors Montserrat, voceira do PP: "Utilizaron todos os decretos como unha oficina electoral de Pedro Sánchez".

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno: "Ninguén cae esta mañá en que somos un Goberno que leva dez meses, que viñemos cambiar políticas, non ver pasar o tempo".

Calvo lembra que non están en funcións e di que todas as medidas eran urxentes e necesarias.

 

Noticias web

03/04/2019