CRTVG

Buscar

O Congreso aproba a lei para mitigar o cambio climático, cuestionada pola Xunta

Publicado o 08/04/2021 16:05

O Congreso aprobou por maioría o proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética pendente xa só do seu último tramite no Senado e cuxos obxectivos inclúen acabar coa venda de coches contaminantes en 2040, recortar emisións e alcanzar a neutralidade do país en 2050.

A Comisión de Transición Ecolóxica do Congreso dos Deputados, con competencia lexislativa plena, deu este xoves luz verde, -22 votos a favor, 5 en contra e 10 abstencións- ao ditame coas emendas incorporadas ao texto, da que será a primeira norma en España para mitigar o quecemento global, unha das grandes apostas de lexislatura deste Goberno.

A futura lei foi apoiada por PSOE, Unidas Podemos, Ciudadanos, Bildu, Teruel Existe e Esquerra Republicana; o Partido Popular, e Más País abstivéronse e Vox foi o único partido que votou en contra.

A norma, cuestionada desde a Xunta de Galicia, xa que asegura que pon en perigo o futuro de centos de empresas do sector do mar asentadas no litoral galego.

Obextivo 2050: a neutralidade climática

Entre os seus obxectivos, a futura norma, que conta con 36 artigos, parte con dúas datas clave para o seu desenvolvemento: unha, 2030, cando España deberá reducir un 23 % as emisións de efecto invernadoiro respecto a 1990 (tres puntos máis do texto que o Goberno enviou ao Congreso fai agora case un ano), e outra, 2050, ano para alcanzar a neutralidade climática.

Así mesmo, prohibirá as sondaxes e prospeccións de combustibles fósiles, obrigará a que todas as cidades de máis de 50.000 habitantes teñan unha zona de baixas emisións en 2023, e impulsará a rehabilitación enerxética dos edificios e o despregamento das renovables -compatible co coidado do patrimonio natural-.

Máis sobre actualidade