CRTVG

Buscar

O Congreso acepta reformar a Lei do Tribunal Constitucional

Publicado o 23/03/2021 21:17

O Congreso acepta reformar a Lei do Tribunal Constitucional.  É unha poposición de lei do PNV para derrogar tanto a o recurso previo contras as reformas dos estatutos de autonomía como as sancións que introduciu o PP en 2015 para os cargos públicos que incumpran as sentenzas do Tribunal Constitucional.

A iniciativa aínda non se votou, pero sairá adiante ao contar co apoio de nacionalistas vascos, cataláns e galegos. Tamén a apoia Unidas Podemos e mais o PSOE. En contra posicionáronse Ciudadanos, Vox e PP.

"É un instrumento de obstrución parlamentaria que convirte, de feito, ao Tribunal nunha terceira cámara parlamentaria e coloca as leis orgánicas que aproban ou reforman estatutos de autonomía nunha función distinta e degradada", di Mikel Legarda, deputado do PNv.

"A vostedes o que os incomoda e o que lles interesa é manter o enfrontamento político porque viven desa vitimización que tanto necesitan para non deixar ao descuberto as súas mentiras: esa entelequia da independencia dunha parte do territorio nacional", asegura Jaime de Olano, deputado do PP.

"Este recurso previo non é un atallo, non é un veto á negociación política. Si estamos de acordo na segunda parte da súa proposición, na que se extralimitou o PP dándolle poderes innecesarios", afirma Odón Elorza, deputado do PSOE.

Noticias web

23/03/2021