O confinamento triplica as vendas de marisco en liña
De todas as músicas que resoan na lonxa do Grove hai unha melodía que se cotiza dun xeito moi especial. Hoxe hai percebe, e iso non acontece todos os días. Na procura deste bocado exquisito acoden os vendedores que, a falta da súa clientela habitual nos restaurantes nos últimos dous meses, atoparon mercado na rede. En poucas horas, moitos destes espléndidos exemplares chegarán a domicilios situados a miles de quilómetros.
Así que nesta empresa familiar meca en que traballan 10 persoas non só esquivaron o ERTE, senón que triplicaron as súas vendas durante o confinamento. Caixas coma esta, que roldan os 80 euros, ben poden enviar un cento cada día. O comercio electrónico non só lles trouxo clientes novos senón tamén fieis.
Madrid e Barcelona son os lugares desde donde se realiza a maioría dos pedidos, e si, a centola é o marisco máis demandado.