CRTVG

Buscar

O confinamento tamén xera estrés nas mascotas

Publicado o 20/03/2020 19:56

Aínda que o coronavirus non contaxia os membros cuadrúpedes da familia, a crise sanitaria tamén afecta as mascotas no seu comportamento. E é que o cambio de hábitos por parte dos donos pode provocarlles estrés aos animais.

"Está máis estraña. Ela non relaciona baixar á rúa e non poder estar con outros cans."
"Eles saben que algo pasa. Non pasean tanto, non imos ao canil para correr... As necesidades básicas e volvemos para a casa. Entón estrésanse un pouco."

Na opinión dos expertos nos seus coidados, certos cans, e sobre todo os gatos, son os que peor o pasan ao estaren os seus donos confinados na casa.

Ángel Romasanta, veterinario: "Algún can con algunha patoloxía específica de sociabilización, o contacto excesivo ao mellor non lle senta ben."
Graciela Pousada, veterinaria: "Os gatos, que están afeitos a seren os reis da casa, que quedan sós e buscan a ventá por onde entra o sol, o radiador ou a cociña, de repente ven que o seu sofá favorito está ocupado por unha persoa que só estaba aí as fins de semana e que quere tocalo e acariñalo. E o gato hai que deixalo en paz."

O mellor para as mascotas é compensar con xogos os cambios e evitar unha atención esaxerada.

Noticias web

20/03/2020