CRTVG

Buscar

O confinamento aumentou o consumo de lácteos un 20%

Publicado o 20/08/2020 21:20

Leite, iogures, queixo, manteiga, nata e outros derivados lácteos foron algúns dos produtos que máis se venderon durante o confinamento.

No caso do queixo, o aumento no seu consumo situouse arredor dun quince por cento.

Con todo, Carlos coméntanos que no outro lado da balanza está o descenso notable que tiveron as vendas no sector da hostalería, ao estar practicamente pechado. O mesmo pasou co leite, un dos produtos estrela do confinamento.

Durante a crise sanitaria, a Comisión Europea definiu os produtos lácteos como esenciais, priorizando o seu abastecemento.

Con todo, ao descompensar a hostalería, o consumo de lácteos non chega ao que había antes da covid-19.

Noticias web

20/08/2020

Máis sobre actualidade