O condutor do accidente mortal do Pino, investigado por homicidio imprudente
Publicado o 11/12/2019 11:39
Condución baixo a influencia de bebidas alcólicas e homicidio imprudente. Son os dous delitos que se lle impuntan ao condutor do vehículo en que faleceu unha moza de 20 anos esta fin de semana.
O accidente tivo lugar de madrugada no concello do Pino. O condutor deu positivo na proba de alcolemia, rexistrando un 0,54 de taxa de alcol en sangue.
As dilixencias levadas a cabo pola Garda Civil fóronlle remitidas ao xulgado de Instrución de Arzúa.