CRTVG

Buscar

O Condado do Tea amosa os seus mellores viños

Publicado o 28/08/2016 20:30

Coñecemos os deliciosos do Condado deste ano, tras unha cata en que participaron 47 caldos 

Milleiros de persoas achegáronse este mediodía a unha nova edición da festa do viño do Condado en Salvaterra onde puideron degustar os mellores caldos da zona, un total de 47, e acompañalos da gastronomía típica galega.

E todo isto acontece no interior do castelo da fortaleza de dona Urraca, onde coñecemos os nomes dos cinco novos confrades deste ano. É  dicir, aquelas persoas que, por méritos propios, merecen ser distinguidos por promover este viño. Aínda que se falamos de promoción nada mellor que as 27 adegas que lle dan vida a esta festa.

Porque son presisamente estes caldos os que fan posible manter unha tradición que xa fai 57 anos. A contorna privilexiada da zona e a propia natureza farán o resto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/08/2016