CRTVG

Buscar

O Concello de Ferrol rectifica: poderase correr e saltar na rúa, pero "con sentido común"

Publicado o 03/06/2021 15:13

"Prohibido saltar, correr e parar a falar na rúa". Artigo 141 da ordenanza de tráfico que propoñía o Concello de Ferrol. Unha norma absurda, segundo os veciños: "A xente ten dereito a correr e a saltar pola rúa", así que finalmente o Concello vai modificar a norma tras escoitar as propostas da cidadanía.

O concelleiro de Tráfico, Germán Costoya, mantén que "as demandas que hai de maneira xeneralizada teranse en conta. Somos conscientes de que esta é unha ordenanza que temos que aprobar nun pleno e necesitamos os apoios precisos para que a ordenanza saia adiante".

Poderase correr, saltar e mesmo parar a falar na rúa, pero respectando unhas normas de convivencia.

A máis popular das ordenanzas municipais segue en negociació, pero o Goberno local quere levala a pleno antes de final de mes para que entre en vigor este mesmo verán.

Noticias web

03/06/2021