CRTVG

Buscar

O concello máis pequeno de España pide poder pasar ao concello lindeiro para pasear

Publicado o 06/05/2020 21:59

Curtos e sen case poder manter a distancia de seguridade. Tan curtos como o que permite pasear as apenas 9 rúas que ten o concello. Este é Emperador, o municipio máis pequeno de España. Porén, é o máis densamente poboado, nesta localidade valenciana viven uns 700 veciños. A todos eles, como a nós, chegoulles o momento de, por fin, saír pasear. Si, pero eles atoparon un problema, de superficie, os seus 0,0306 km² cadrados, non son abondo para pasear respectando as recomendacións de seguridade. Por iso piden poder superar o límite do seu municipio ao concello lindeiro de La Huerta. Peticións que xa llas trasladaron á Delegación do Goberno. Cóntannos que non queren bater uns cos outros, que así non poden cumprir o distanciamento social e que non queren estar tan limitados.

E é que teñen máis espazo para poder camiñar, como nos di este veciño. Ou, no caso de Noelia, para andar en bicicleta, sen ter que verse tan limitada.

Agardan que a resposta á súa solicitude sexa favorable e poidan, logo do confinamento, estirar as pernas en condicións. Porque agora, segundo nos contan, se se atreven a pasar a raia chámanlles a atención. Non queren arriscarse a unha multa. Historias dunha desescalada, cando menos, diferente.









 

Noticias web

06/05/2020