CRTVG

Buscar

O Concello de Vigo rexeita unha moción sobre a instalación dunha fábrica de baterías

Publicado o 15/09/2021 16:09
O Concello de Vigo rexeita unha moción sobre a instalación dunha fábrica de baterías

O Concello de Vigo rexeitou unha moción do BNG para instalar na zona unha fábrica de baterías para coches eléctricos. A moción non prosperou tras a votación en contra dos 20 concelleiros socialistas.

Os populares defenderon tamén esa instalación, pero abstivéronse polas referencias ao modelo de tarifa eléctrica que incluíron os nacionalistas. O texto rexeitado pola corporación viguesa tamén pedía medidas en favor do sector da automoción da cidade.

Noticias web

15/09/2021