CRTVG

Buscar

Viana do Castelo pídelle ao Goberno portugués que estenda a autovía A-28 ata Tui

Publicado o 03/04/2019 16:27

O Concello de Viana do Castelo pediulle ao Goberno portugués que estenda a autovía A-28 ata Tui. Considérano fundamental para seguir medrando industrialmente na zona e estar así mellor conectados con Galicia.

Esta zona de Portugal actualmente ten un dos tecidos empresariais máis potentes de todo o país. De feito contan cunha taxa de paro dun 4%, un milagre din, despois dos duros anos da crise e que é un dos exemplos sobre o terreo para que Portugal reciba cada pouco os parabéns do Fondo Monetario Internacional. Conscientes do seu crecemento coa chegada de multinacionais fabricantes de compoñentes de automóbil e maquinaria industrial, o Concello de aquí de Viana do Castelo aprobou unha petición formal ao Goberno de António Costa para que a autovía A-28 chegue a Tui e conectar así coas vías de alta capacidade galegas. Son 15 quilómetros e todo apunta a que as proxeccións económicas e de orzamento poidan permitilo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019