CRTVG

Buscar

O Concello de Valga presentarase como acusación popular contra o autor confeso do triplo crime machista

Publicado o 02/10/2019 21:21

O concello de Valga vai presentarse como acusación popular no procedemento xudicial contra o autor confeso do triplo crime machista.

A corporación municipal decidiuno nun pleno ordinario celebrado na tarde deste mércores. A proposta foi feita polo alcalde, pero tamén se sumaron os outros dous grupos con representación.

Asi pois, o Concello de Valga aprobou por unanimidade exercer a acusación popular contra José Luís Abet.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019