CRTVG

Buscar

O Concello de Tui valora en tres millóns de euros o desentullo en Paramos

Publicado o 08/09/2018 20:57

• Pídenlle ao Goberno que pague as obras

Os afectados da explosión pídenlle a "exención total"

O concello de Tui esíxelle ao Goberno central que asuma os traballos de desentullo en Paramos. Esta mañá presentou o proxecto que encargou e que cifra o custo das obras en algo máis de tres millóns de euros. Salvaranse as estruturas que o permitan e dez vivendas serán totalmente demolidas.

O proxecto elaborado polo concello de Tui prevé actuar sobre unha área de 25 mil metros cadrados, menos da metade do total da zona afectada, uns 60 mil, xa limpa nunha primeira fase de desentullo.

Logo de analizar polo miúdo o estado das edificacións danadas, calcúlase que haberá que retirar uns 12 mil metros cúbicos de materiais diversos. Dez vivendas serán totalmente derruídas e valórase a conservación de muros, paredes e estruturas antigas.

O custo estimado dos traballos rolda os tres millóns douscentos mil euros. O alcalde de Tui di que o seu concello gastou xa un millón e medio de euros en atender as primeiras urxencias e agora tócalle ao goberno central asumir o resto dos traballos.

Segundo o proxecto, os labores de desentullo da zona cero tardarán uns tres meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/09/2018