CRTVG

Buscar

O concello de Tui dá luz verde á reconstrución de 12 vivendas afectadas en Paramos

Publicado o 05/08/2019 14:33

Unha ducia de vivendas desfeitas pola explosión da pirotecnia de Paramos, en maio de 2018, xa poden ser reconstruídas. O concello de Tui autorizou doce licenzas das 24 solicitadas, e as outras están pendentes de informes e de documentación.  

O ruído das obras rompe o silencio en Paramos. Trátase de poñer en pé o que levou por diante o estourido da pirotecnia ilegal que segou a vida dun matrimonio. Máis dun ano despois, algúns veciños refixeron a súa vida noutro lugar pero 24 solicitaron autorización para reconstruír as súas casas. Doce contan xa con licenza.

O concello de Tui confirmou o avance dos trámites coa Deputación para licitar a reposición de servizos e a reurbanización do barrio da Torre, coa intención de que a finais deste ano ou comezos do vindeiro os traballos estean rematados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019