CRTVG

Buscar

O concello de Sober celebra a 39ª edición da feira do viño de Amandi

Publicado o 13/04/2019 23:33

Día grande para un dos viños con máis tradición de Galicia: o concello de Sober celebra a Feira do Viño de Amandi, que acada a edición número 39. As adegas desta subzona da Riberia Sacra presentan a última colleita, que acaba de recibir a cualificación de excelente.

22 adegas participan nesta edición, na que se presentan de xeito oficial os caldos dunha colleita que recupera o sabor e a calidade de sempre.

A subzona de Amandi mantén a tradición das adegas familiares pequenas, que resisten no mercado cunha produción escasa, pero fiel ao bo facer dos antigos adegueiros.

A viticultura tan característica da Riberia Sacra é elemento fundamental na candidatura a Patrimonio da Humanidade.

Da cata oficial do domingo sairá o viño gañador desta edición. Actuacións musicais e actividades que promocionan a contorna natural e a paisaxe desta zona, completan o programa da feira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019