CRTVG

Buscar

O Concello de Silleda presentarase na causa se se demostra que houbo responsabilidades claras na orixe do incendio

Publicado o 21/07/2020 14:48

O Concello de Silleda presentarase na causa se se demostra que houbo responsabilidades claras na orixe do incendio dun edificio no centro da vila

Na retina de todos quedarán para sempre as espectaculares imaxes do voraz incendio que os sorprendeu o venres ao mediodia e que os obrigou a abandonar as súas vivendas ás carreiras. A maioría realoxáronse con familiares ou no hotel que puxo á sua disposición o Concello de Silleda. Antonio vive no terceiro andar. Ardeulle o cuarto da lavadora e a casa encheuse de fume. Decidiu volver aínda sen poder limpar, á espera da peritaxe do seu seguro.

Hai quen empezou a limpar e retirar útiles inservibles. Outros aínda non puideron á espera dos peritos e, malia que decidiron volver, as condicións non son óptimas, porque o cheiro a fume e a cinza invaden todo.

A Garda Civil investiga as causas do incendio. Sábese que comezou na parcela anexa ao edificio e que uns días antes limparan a maleza que a cubría a requirimento do Concello. Queda por saber que foi o que provocou o lume. Á espera dos resultados das pescudas, as hipóteses son variadas.

O Concello de Silleda xa anunciou que, se a investigación conclúe que hai responsabilidades claras na orixe do incendio, se presentará na causa.

Noticias web

21/07/2020