CRTVG

Buscar

O Concello de Santiago pide o apoio dos antidisturbios para controlar a movida nocturna

Publicado o 28/09/2021 14:20

Un veciño de Santiago, afectado polos ruídos do macrobotellón, escribiu unha carta onde recoñece o dereito a pasalo ben, pero sen molestar o resto. Engade que o seu fillo enfermou por non poder durmir a causa do balbordo na rúa. Os veciños están preocupados ante o rumor dunha nova convocatoria multitudinaria a través das redes sociais para este xoves.

Os Aantidisturbios poderían este xoves, a petición do Concello, apoiar as forzas de seguridade locais nos labores de disuasión. Un problema que podería verse minimizado coa posible entrada en vigor, esta fin de semana, do protocolo de funcionamento do ocio nocturno.

Para os veciños, a solución pasa pola prevención e por un diálogo entre todos os implicados. Agardan que non se volvan repetir as aglomeracións da madrugada do venres.

Noticias web

28/09/2021